O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización
expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:
Nº referencia expediente: C.P. 125/2001.
Obxecto: contratación da asistencia consistente na protección radiolóxica e radiofísica no ámbito do radiodiagnóstico en instalacións do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza.
Orzamento: 22.000.000 de pesetas (132.222,66 euros).
Garantía provisional: o 2% do importe de licitación.
Forma de adxudicación: concurso público, polo procedemento aberto, de consultorías e asistencias e de servicios.
Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Admisión de variantes: non se admiten variantes sobre ningún dos elementos que comprenden o obxecto deste contrato.
Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo dentro do prazo sinalado.
Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 30 de marzo de 2001.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario
Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

