Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 06 de abril de 2001 Páx. 4.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 28 de febreiro de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se lles notifica ás persoas mencionadas os prazos de ingreso en período voluntario e executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que se insire a continuación, non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 0046.0272.5700025559, Banco Gallego, urbana nº 3, rúa Brasil nº 11 de Vigo, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixiranse os correspondentes xuros de demora (artigo 21 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobro, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer, no prazo de 15 días desde o seguinte a esta notificación, recurso de reposición perante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma (San Caetano s/n, Santiago de Compostela).

Para que conste, sirva de notificación ó interesado e, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Vigo, 28 de febreiro de 2001.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo

Suxeito pasivoDNIPeríodoConceptoDébeda

Clotilde Lozano Fernández76.708.3499-4-2000Asistencia sanitaria35.840
Carlos A. Fernández Ferrín36.116.54327-8-2000Asistencia sanitaria35.840
Miguel A. Vila Alonso36.094.3448-9-2000Asistencia sanitaria35.840
José Martínez Pérez35.990.85918-6-2000Asistencia sanitaria35.840
Natalia Paredes Robledo10.888.7088-9-2000Asistencia sanitaria35.840
Jorge Rivas Domínguez36.151.90530-8-2000Asistencia sanitaria35.840
Gaspar Romeco García71.634.52910-5-2000Asistencia sanitaria35.840
Rodrigo Arbones Bares36.058.23328-11-2000Asistencia sanitaria35.840
Mª Jesús Fernández Canto33.817.2497-9-2000Asistencia sanitaria35.840
Javier Sánchez Vizoso36.025.62624-12-2000Asistencia sanitaria35.840