Realizada a primeira proba eliminatoria escrita prevista no proceso de selección convocado polo acordo do 27 de novembro de 2000 (DOG nº 243, do 18 de decembro), das categorías ATS/DUE, fisioterapeuta, matrona, TEL, TER, auxiliar de enfermería e persoal de servicios xerais, acórdase:
Primeiro.-Confirmar como definitiva a folla modelo anterior de respostas correctas e, polo tanto, publica-las listaxes das puntuacións provisionais acadadas polos aspirantes presentados á primeira proba escrita das diferentes categorías citadas, na oficina de información do propio hospital, na Delegación Provincial de Sanidade de Pontevedra e nas direccións provinciais do Sergas e na páxina web do Sergas.
Segundo.-Contra estas listaxes os interesados poderán presentar reclamación, perante esta dirección, no prazo de cinco días naturais, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, polo que ninguén terá que achegar documentación de baremación ningunha neste momento.
Vilagarcía de Arousa, 3 de abril de 2001.
Rafael Pérez-Santamarina Feijóo
Director da Fundación Pública Hospital do Salnés

