Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 06 de abril de 2001 Páx. 4.700

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

CONTRATACIÓN de servicio.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contrata-la realización e ampliación de aplicacións informáticas.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sita no Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta. 15706, Santiago de Compostela, das 12 ás 14 horas, ata o 24 de abril de 2001 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, das 12 ás 14 horas, desde o día 9 ata o 24 de abril de 2001 (incluídos). No caso de precisar máis información, poden chamar ó teléfono 981 54 67 64.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2001.

Rosa Álvarez de Blas

Directora de Xestión e Servicios Xerais da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061