Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.390

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 84/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o cambio de titularidade dun treito da antiga estrada N-540 Lugo-Portugal por Ourense a prol do Concello de Barbadás.

O Concello de Barbadás solicitou a cesión por parte da Xunta de Galicia dun treito da antiga estrada N-540 (Lugo-Portugal por Ourense) comprendido no termo municipal e que queda fóra do novo trazado da estrada referida logo das obras de mellora e ampliación nela efectuadas.

Conforme o sinalado nos artigos 4 e 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de acordo entre as administracións afectadas e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de abril de dous mil un.

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o cambio de titularidade, a prol do Concello de Barbadás do seguinte treito correspondente á modificación do trazado da estrada N-540 (Lugo-Portugal por Ourense, treito: Ourense-Celanova):

Variante desde o límite co municipio de Ourense na Valenzá ata o entronque coa nova N-540 en Bentraces.

A antiga estrada N-540 discorre nunha lonxitude de 6.250 metros.

O treito enlaza coa actual N-540 nos p.k. 1,400 e 7,020 da marxe dereita.

Artigo 2º

Corresponderalle ó Concello de Barbadás a xestión, mantemento, conservación e explotación da vía cedida.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Leiro, seis de abril de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Xosé Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras

Públicas e Vivenda