Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2001 Páx. 5.390

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 17 de abril de 2001 pola que se regula o proceso de integración no réxime estatutario de determinado persoal do Hospital Santa María Nai de Ourense.

Con base nos principios establecidos na Lei xeral de sanidade, que configuran a existencia dunha sanidade integral, e así mesmo na Lei 1/1989, de crea

ción do Servicio Galego de Saúde, organismo que abrangue a xestión da totalidade dos centros e servicios hospitalarios existentes na Comunidade Autónoma de Galicia, fóronse producindo as transferencias dos centros das corporacións locais á Comunidade Autónoma de Galicia coa súa adscrición ó citado organismo.

O persoal dos centros transferidos caracterízase por unha vinculación xurídica , de carácter funcionarial ou laboral, diferente da que conforma o persoal do Servicio Galego de Saúde, que é de carácter estatutario. Por tal motivo estase a produci-la convivencia desas tres clases distintas, que, dada a súa diferente regulamentación, traen como resultado un conxunto de situacións xurídicas diversas, cos conseguintes problemas de xestión e organización do traballo.

As diferencias existentes entre os colectivos fan necesaria a súa homologación e integración funcional na rede sanitaria na procura da concordia imprescindible que garanta unha convivencia pacífica e ordenada entre o persoal dos centros, debidamente cohonestada coa organización do traballo.

Para tal fin, logo de negociación coas organizacións sindicais lexitimadas, publícase o Decreto 447/1996, do 26 de decembro, (DOG nº 148, do 7 de xaneiro de 1997), no que se establecen as bases para a homologación e integración funcional do persoal transferido á Xunta de Galicia dos centros sanitarios das corporacións locais, de persoal pertencente ó Servicio Galego de Saúde con vínculo xurídico funcionarial dos corpos e escalas da Administración especial sanitaria e corpos xerais e doutro persoal con vínculo laboral fixo.

Na disposición derradeira do citado decreto facúltase a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais para adopta-las medidas necesarias para o desenvolvemento e execución deste, e dicta-las disposicións que formalicen os procesos de homologacións que afecten os distintos colectivos de persoal, coa secuencia temporal que considere conveniente.

Así as cousas, polo Decreto 22/1993, do 28 de xaneiro, transfírese á Comunidade Autónoma de Galicia o persoal funcionario e laboral da institución sanitaria Hospital Santa María Nai de Ourense, dependente da Deputación Provincial de Ourense, con sede en Ourense.

Posteriormente, por resolución conxunta do 29 de xullo de 1994 (DOG nº 160, do 19 de agosto), da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, disponse a publicación do acordo subscrito pola Administración Sanitaria e os representantes do Comité de Empresa e a Xunta de Persoal do Hospital Santa María Nai de Ourense, polo que se regulan determinadas condicións de traballo e retributivas do persoal que presta servicios no devandito centro sanitario, establecendo no seu epígrafe primeiro que o acordo será de aplicación ó persoal funcionario e laboral que presta os seus

servicios no Hospital Santa María Nai de Ourense, así como ó persoal que, con posterioridade á adopción del, pase por calquera vínculo a prestar servicios no centro.

A presente orde, pois, dentro do marco normativo exposto, posibilita, con opción voluntaria, a integración do persoal do Hospital Santa María Nai de Ourense, tanto funcionarial como laboral, nos réximes estatutarios, sen afectación nin menoscabo dos dereitos normativamente recoñecidos.

Na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

O persoal funcionario de carreira transferido á Comunidade Autónoma de Galicia polo Decreto 22/1993 e/ou o persoal laboral fixo do Hospital Santa María Nai de Ourense, ben sexa, neste último suposto, o transferido á Comunidade Autónoma de Galicia polo Decreto 22/1993, ou ben o de novo ingreso en virtude do Decreto 246/1995, do 28 de xullo, polo que se aproba a oferta pública de emprego do persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa María Nai-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense para o ano 1995, poderá homologarse ó réxime estatutario e integrarse no correspondente estatuto de persoal da Seguridade Social, nos termos e condicións que se establezan na presente norma, sempre que reúna os requisitos de titulación esixidos pola lexislación vixente e que á súa entrada en vigor se encontren nalgúns dos supostos seguintes:

A. En situación de servicio activo.

B. En situación que implique a suspensión na relación de servicios laboral ou funcionarial, con reserva de posto de traballo, por algunha das causas establecidas na lexislación vixente, así como en situación de servicios especiais, no caso de persoal funcionario.

C. En situación de excedencia voluntaria, sempre que non transcorrese o tempo máximo desa excedencia prevista legalmente para cada caso. Neste suposto a integración efectuarase na situación de excedencia voluntaria e a posterior situación de servicio activo obterase de conformidade co previsto na Lei 30/1999, de selección e provisión de prazas de persoal estatutario dos Servicios de Saúde. A opción de integración poderá formularse no momento de solicita-lo reingreso ou no prazo previsto para o exercicio da opción que se estableza nesta norma.

Artigo 2º

Non poderá exerce-lo dereito de opción o persoal con vínculo temporal, de carácter funcionarial ou laboral, calquera que sexan as características de tal vínculo, que estean prestando servicios no Hospital Santa María Nai de Ourense.

Artigo 3º

O persoal que exerza o dereito de opción da forma establecida no artigo 8 da presente norma homologarase nas categorías básicas do réxime estatutario que corresponda, coa súa integración no estatuto de persoal aplicable segundo as características da praza orixinaria e a estatutaria de referencia.

Para tal efecto, será de aplicación a táboa de homologacións que figura no anexo I desta orde.

Non obstante, expedirase, no momento en que se resolva a solicitude de homologación e integración, un nomeamento adicional ó persoal que desempeñe postos de traballo de xefatura adquiridos en virtude dun concurso ou libre designación, no posto equivalente de carácter estatutario. Este nomeamento poderá ser definitivo, se o orixinario tiña tal condición ó ser obtido por concurso ou concurso-oposición, ou ben provisional, se aquel foi expedido en virtude do sistema de libre designación.

Ó persoal que resulte homologado nos réximes estatutarios da Seguridade Social respectaráselle, para tódolos efectos, a antigüidade que teña á entrada en vigor da presente resolución, se ben os trienios que se lle recoñezan con posterioridade á data en que teña efectividade a integración serano de acordo co previsto na disposición 2ª.2 do Real decreto-lei 3/1987, do 11 de setembro, e normativa de desenvolvemento aplicable.

Artigo 4º

O persoal que resulte homologado no réxime estatutario integrarase no estatuto que resulte de aplicación, segundo o grupo e categoría á que pertenza, dentro dos tres existentes para o persoal estatutario:

Estatuto Xurídico de Persoal Médico, Estatuto de Persoal Sanitario non Facultativo e Estatuto de Persoal non Sanitario.

O réxime económico e xurídico do persoal que resulte integrado será o correspondente ó estatuto do persoal que en cada caso sexa de aplicación, e a súa prestación de servicios adecuarase á estructura asistencial das institucións sanitarias do Sergas.

Artigo 5º

De conformidade co disposto no epígrafe cuarto da resolución conxunta do 29 de xullo de 1994, pola que se dispón a publicación do acordo subscrito pola Administración Sanitaria e os representantes do comité de empresa e da xunta de persoal do Hospital Santa María Nai de Ourense, ó persoal que prestaba servicios no centro e que, como consecuencia da aplicación do citado acordo, experimentou unha diminución no total das retribucións anuais que viña percibindo, recoñecéuselle un complemento persoal e transitorio consistente na diferencia de retribucións, polo que os devanditos complementos se manterán co mesmo réxime e condicións cos que foron recoñecidos ata a súa definitiva absorción ou extinción, conforme o previsto na normativa na que se baseou o seu recoñecemento.

Así mesmo, e de conformidade co disposto nos epígrafes primeiro e segundo do citado acordo, ó persoal que, con posterioridade á adopción deste, pasou, por calquera vínculo a prestar servicios no centro xa lle foron aplicadas as mesmas condicións retributivas que, con carácter xeral , corresponden ó persoal estatutario das institucións sanitarias do Sergas, polo que respecto destes traballadores non se procederá a ningún recoñecemento de complemento persoal e transitorio.

Artigo 6º

Ó persoal que non se integre nos estatutos do persoal da seguridade social respectaráselle o réxime económico e xurídico que derive da súa situación de orixe coa dependencia orgánica e funcional do Sergas, de acordo co establecido no artigo 9 do Decreto 447/1996, do 26 de decembro.

Respecto das lagoas que se produzan na regulamentación do colectivo laboral, aplicarase por analoxía o estatuto de persoal da Seguridade Social relativo ó grupo e categoría de persoal equiparable.

A prestación de servicios deste persoal non integrado adaptarase ás características de funcionamento da institución sanitaria do Sergas, onde está adscrito, coa súa plena imbricación na estructura e organización do traballo. Para tal fin, a dirección do centro adoptará as medidas de xestión e organización adecuadas para acada-la plena adaptación e integración deste persoal nel.

Artigo 7º

O persoal funcionario que se integre nos réximes estatutarios da Seguridade Social será declarado, de conformidade co establecido no artigo 55.1º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na situación de excedencia voluntaria por incompatibilidade no seu corpo ou escala de orixe.

Igualmente, o persoal laboral que se integre nos mesmos réximes será declarado na situación de excedencia voluntaria por incompatibilidade na súa categoría.

Artigo 8º

Sen prexuízo do establecido no inciso final do artigo 1º, o exercicio da opción de integración deberá realizarse con carácter individual, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ó da entrada en vigor desta disposición, segundo o modelo de instancia que se xunta como anexo II.

Os profesionais que non formulen opción expresa de integración entenderase que optan pola situación prevista no artigo 6º.

As solicitudes debidamente dilixenciadas pola dirección do centro, dirixiranse á División de Recursos Humanos do Sergas, á Dirección Provincial do Sergas de Ourense ou ó Rexistro do Hospital Santa María Nai de Ourense, sen menoscabo do establecido no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O persoal que realice a opción achegará, xunto coa súa solicitude, os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada da titulación académica ou, se é o caso, do libro de escolaridade.

b) O persoal médico achegará, así mesmo, fotocopia compulsada do título de especialista que posúa e que o habilite para exerce-la praza que vén desempeñando.

Artigo 9º

As opcións serán resoltas pola División de Recursos Humanos no prazo máximo dun mes desde que remate o prazo de presentación de instancias para formula-la opción de integración. O anteriormente exposto enténdese sen prexuízo do disposto no inciso final do artigo 1º desta orde.

Disposicións adicionais

Primeira.-De acordo co establecido na disposición transitoria segunda da Orde do 26 de decembro de 1986 (BOE do 12 de xaneiro de 1987) e segundo o disposto na disposición adicional 2ª do Decreto 447/1996, do 26 de decembro, ó persoal que se homologue á categoría de auxiliar de enfermería non lle será esixido o título de formación profesional de primeiro grao rama sanitaria, sempre que á súa entrada en vigor se encontrase prestando servicios en praza desa categoría que resulten debidamente acreditados.

Para tal fin, expedirá o centro hospitalario certificación dos servicios prestados.

Segunda.-Os postos de traballo de orixe do persoal que opte pola súa integración nos réximes estatutarios consideraranse amortizados e reconvertidos ós correspondentes estatutarios que determina para cada caso a táboa de homologacións.

As vacantes que se produzan de persoal laboral ou funcionario que non se integren nos réximes estatutarios da Seguridade Social e que non estean afectados polas situacións previstas no artigo 1 B desta disposición declararanse necesariamente a extinguir logo da súa amortización e, se é o caso, substitución por prazas de persoal estatutario do Sergas.

Os postos de traballo vacantes ocupados polo persoal temporal do artigo 2 desta norma consideraranse amortizados e reconvertidos en prazas de persoal estatutario, polo que o persoal que os ocupa cesará no seu desempeño.

Emporiso, con efectos do día seguinte ó do cesamento, expediráselle-lo nomeamento que corresponda para ocupa-la equivalente praza de persoal estatutario, co mesmo carácter temporal.

Terceira.

1. O persoal da categoría de operario poderá integrarse nas categorías de celador, peón e pinche, segundo sexa a súa adscrición ós diferentes servicios/unidades ou as funcións que veñan realizando de xeito estable e regular na organización do traballo

do centro e resulten debidamente acreditadas mediante certificación expedida pola dirección deste.

2. En todo caso, será condición imprescindible reuni-los requisitos de titulación esixidos pola lexislación vixente para cada categoría de integración.

Disposicións transitorias

Primeira.-O persoal facultativo que se integre no réxime estatutario exercerá, no momento que a formalice, a opción polo réxime de dedicación normal ou de dedicación exclusiva ó sector público sanitario, coa conseguinte renuncia ou solicitude de percepción do complemento específico, segundo o previsto no Decreto 11/1995, do 20 de xaneiro, polo que se regula o réxime de percepción do complemento específico para o persoal estatutario do Servicio

Galego de Saúde e se establecen os prazos para formular solicitudes e renuncias.

A citada opción resolverase, conxuntamente coa solicitude de homologación, no prazo establecido nesta norma.

Disposición derradeira

O proceso de integración regulado na presente disposición non determinará incremento de gasto no capítulo I do orzamento de gastos do Servicio Galego de Saúde.

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2001.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

VÍNCULOPOSTO DE TRABALLO H. SANTA MARÍA NAIADSCRICIÓN/FUNCIÓNS*CATEGORÍA BÁSICA DE HOMOLOGACIÓN

FXEFE SERVICIO CON CEFACULTATIVO ESPECIALISTA DE ÁREA

FXEFE SERVICIO SEN CEFACULTATIVO ESPECIALISTA DE ÁREA

FXEFE SERVICIO SEN CEFACULTATIVO XERARQUIZADO MEDICINA XERAL

FXEFE UNIDADE URXENCIASFACULTATIVO ESPECIALISTA DE ÁREA

FXEFE SECCIÓN CON CEFACULTATIVO ESPECIALISTA DE ÁREA

FXEFE SECCIÓN CON CEFACULTATIVO XERARQUIZADO MEDICINA XERAL

FXEFE SECCIÓN SEN CEFACULTATIVO ESPECIALISTA DE ÁREA

FXEFE SECCIÓN SEN CEFACULTATIVO XERARQUIZADO MEDICINA XERAL

FFACULTATIVO XERARQUIZADO MEDICINA XERALFACULTATIVO XERARQUIZADO MEDICINA XERAL

FFACULTATIVO XERARQUIZADO MEDICINA XERALFACULTATIVO ESPECIALISTA DE ÁREA

FPERSOAL TÉCNICO SUPERIORPSICÓLOGO

FGRUPO TÉCNICO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVAGRUPO TÉCNICO F. ADMINISTRATIVA

FXEFE SECCIÓN ADMINISTRATIVOGRUPO ADMINISTRATIVO

FXEFE GRUPO AUX. ADMINISTRATIVOAUXILIAR ADMINISTRATIVO

FXEFE PERSOAL SUBALTERNO HOSPITALCELADOR

FAUXILIAR ADMINISTRATIVOAUXILIAR ADMINISTRATIVO

FCOSTUREIRACOSTUREIRA

FTELEFONISTATELEFONISTA

FCELADOR ATENCIÓN DIRECTA Ó ENFERMOCELADOR

FCELADOR SEN AT. DIRECTA Ó ENFERMOCELADOR

FFOGUEIROFOGUEIRO

FLAVANDEIRALAVANDEIRA

FLIMPADORALIMPADORA

FOPERARIOCELADORCELADOR

FOPERARIOPEÓNPEÓN

FPINCHEPINCHE

FSUPERVISOR DE ÁREAATS

FSUPERVISOR DE UNIDADEATS

FSECRETARIA ESTUDIOS ESCOLA ENFERMERÍAATS

FATS UNIDADE HOSPITALIZACIÓNATS

FFISIOTERAPEUTAFISIOTERAPEUTA

FTÉCNICO ESPECIALISTATÉCNICO ESPECIALISTA

FAUXILIAR ENFERMERÍA FUNCIÓN TÉCNICOAUXILIAR ENFERMERÍA

FAUXILIAR ENFERMERÍA UNIDADE HOSPITALIZACIÓNAUXILIAR ENFERMERÍA

LCAPELÁN IICAPELÁN 1/2 XORNADA

LFACULTATIVO XERARQUIZADO MEDICINA XERAL CEFACULTATIVO XERARQUIZADO MEDICINA XERAL

LFACULTATIVO XERARQUIZADO MEDICINA XERAL SEN CEFACULTATIVO XERARQUIZADO MEDICINA XERAL

LFACULTATIVO XERARQUIZADO MEDICINA XERAL SEN CEFACULTATIVO ESPECIALISTA DE ÁREA

LADXUNTO ESPECIALISTA ÁREA CEFACULTATIVO ESPECIALISTA DE ÁREA

LXEFE SERVICIO-GRUPO TÉCNICOGRUPO TÉCNICO F. ADMINISTRATIVA

LGRUPO TÉCNICO FUNCIÓN ADMINISTRATIVAGRUPO TÉCNICO F. ADMINISTRATIVA

LXEFE SECCIÓN GRUPO XESTIÓNENXEÑEIRO TÉCNICO

LASISTENTE SOCIALASISTENTE SOCIAL

LGRUPO XESTIÓNGRUPO XESTIÓN

LXEFE GRUPO ADMINISTRATIVOGRUPO ADMINISTRATIVO

LGRUPO ADMINISTRATIVOGRUPO ADMINISTRATIVO

VÍNCULOPOSTO DE TRABALLO H. SANTA MARÍA NAIADSCRICIÓN/FUNCIÓNS*CATEGORÍA BÁSICA DE HOMOLOGACIÓN

LCOCIÑEIROCOCIÑEIRO

LXEFE GRUPO AUX. ADMINISTRATIVOAUXILIAR ADMINISTRATIVO

LAUXILIAR ADMINISTRATIVOAUXILIAR ADMINISTRATIVO

LAUX. ADMINISTRATIVO EQUIPO MECANIZADOAUXILIAR ADMINISTRATIVO

LCARPINTEIROCARPINTEIRO

LCONDUCTORCONDUCTOR

LPERRUQUEIROPERRUQUEIRO

LTELEFONISTATELEFONISTA

LXARDIÑEIROXARDIÑEIRO

LAUXILIAR AUTOPSIAS (CELADOR)CELADOR

LCELADOR ATENCIÓN DIRECTA Ó ENFERMOCELADOR

LCELADOR DE QUIRÓFANOCELADOR

LCELADOR ENCARGADO QUENDA AT. DIRECTACELADOR

LOPERARIOCELADORCELADOR

LOPERARIOPINCHEPINCHE

LOPERARIOPEÓNPEÓN

LPINCHEPINCHE

LDIRECTOR TÉCNICO ESCOLA ENFERMERÍAATS

LSUPERVISOR DE ÁREAATS

LSUPERVISOR DE UNIDADEATS

LATS UNIDADE HOSPITALIZACIÓNATS

LFISIOTERAPEUTA ÁREAFISIOTERAPEUTA

LTÉCNICO ESPECIALISTATÉCNICO ESPECIALISTA

LAUXILIAR ENFERMERÍA UNIDADE HOSPITALIZACIÓNAUXILIAR ENFERMERÍA

(*) Segundo a disposición adicional 3ª desta orde.