Por Resolución do 14 de marzo de 2001 (DOG nº 61, do 27 de marzo), apróbase a resolución provisional do concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, pertencentes ás clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios, convocado por Resolución do 29 de xaneiro de 2001 (DOG nº 26, do 6 de febreiro). Transcorrido o prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da dita resolución provisional, e vista a proposta da Comisión de Valoración sobre as reclamacións achegadas contra esta, este centro directivo
ACORDA:
Primeiro.-Declarar resolto definitivamente o concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, pertencentes ás clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores
sanitarios convocado por Resolución do 29 de xaneiro de 2001 (DOG nº 26, do 6 de febreiro), adxudicándolles ós participantes a puntuación definitiva acadada e, se é o caso, o destino definitivo, que aparecen reflectidos no anexo I desta resolución, téndose en conta a virtualidade da posible adxudicación por resultas.
De conformidade coa base sétima da convocatoria, as reclamacións achegadas entenderanse estimadas, se é o caso, ou desestimadas nesta resolución definitiva do concurso.
Segundo.-O cesamento no seu actual destino do persoal afectado producirase no prazo de tres días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación da resolución á que se fai referencia no punto catro da base décima da citada convocatoria.
O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se o posto de traballo se atopa na mesma localidade, ou dun mes se radica en localidade distinta. Estes prazos comezarán a contarse a partir do día seguinte hábil ó do cesamento.
Terceiro.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente, no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no prazo dun mes, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este centro directivo.
Santiago de Compostela, 17 de abril de 2001.
Valeriano Martínez García
Director xeral da División de Recursos Humanos
ANEXO I
Listaxe definitiva de puntuacións e adxudicación de destinos
DNI Apelidos e nome Puntos Código do posto Localidade
Inspector médico
6.541.735 Arroyo García, Mª Teresa 18.20 SGS991000715001018 A Coruña
45.273.091 Bellver Moreira, Isabel 12.40 SGS991000715001022 A Coruña
35.546.784 Brañas Tato, Pedro 13.50
33.144.393 Couceiro Taboada, José Manuel 19.40 SGS991010115770001 Santiago de Compostela
34.911.297 Mosquera Álvarez, Rocío 11
33.182.031 Sastre Vázquez, José Luis 20 SGS991010115770004 Santiago de Compostela
35.278.297 Seco Otero, José Andrés 15.80 SGS991000736560021 Vigo
34.927.731 Troncoso Casares, José Fermín 12.80 SGS991000732001011 Ourense
Subinspector sanitario
32.622.307 Prieto Gondell, Dolores 12.35 SGS991000727001020 Lugo