Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2001 Páx. 5.775

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA

EDICTO (135/1999).

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña certifica que na apelación civil número 135/1999, procedente do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, se dictou

a sentencia que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

«Rolo: recurso de apelación 135/1999.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón.

Número 137.

A Coruña, dezaseis de marzo de dous mil un.

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída por María del Carmen Taboada Caseiro, presidenta, Luis Barrientos Monge, Carmen

Martelo Pérez, maxistrados, en nome de El-Rei, pronunciaron a seguinte sentencia:

No recurso de apelación civil número 135/1999, procedente do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón, sobre acción reivindicatoria en xuízo de menor contía número 359/1994, entre partes, dunha e como apelante, o demandado, Manuel Blanco López, representado pola procuradora sra. Feito Vázquez, e da outra e como apelado, o demandante Gabriel Vilas Miguens, e como demandados apelados, declarados en situación procesual de rebeldía, Carmen, Matilde e Angelita Blanco López e herdeiros descoñecidos e incertos de Juana Blanco López, con quen se entenderon as sucesivas dilixencias nos estrados deste tribunal. Sendo relatora María del Carmen Taboada Caseiro.

Decidimos que desestimando o recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada pola xuíza de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, xuízo de menor contía número 359/1994, debemos confirmar e confirmámo-la dita resolución e con imposición das custas deste recurso á parte apelante.

E ó xulgado de procedencia, líbrese a certificación correspondente con devolución dos autos que remitiu.

Así, por esta nosa sentencia, da que se levará certificación ó rolo de apelación civil, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, expido e asino o presente edicto na Coruña, vinteoito de marzo de dous mil un.

Rubricado