Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

ANUNCIO do 18 de abril de 2001 do acordo de apertura do trámite de audiencia relativo ó expediente de extinción dunha concesión de augas.

Estase a tramitar no oganismo autónomo Augas de Galicia, o expediente de extinción por caducidade da concesión outorgada por resolución do Goberno Civil de Pontevedra do 10 de outubro de 1898, a Daniel Poyán Poyán e a José Ramón Lorenzo, para aproveitar 3.500 litros de auga por segundo do río Verdugo, no lugar denominado Monte Castelo na parroquia de Insua, no concello de Ponte Caldelas con destino a producción de enerxía eléctrica para unha fábrica de productos químicos situada no predio denominado Veiguiña Longa, no concello de Soutomaior (expediente 1/298/2/1).

Por medio deste anuncio convócanse os concesionarios, Daniel Poyán Poyán e José Ramón Lorenzo, ó trámite de audiencia ó que fai referencia o artigo 163.5º en relación co artigo 165.4º do Regulamento do dominio público hidráulico, do expediente de extinción por caducidade da concesión identificada no encabezamento segundo a non construcción do aproveitamento, incumprindo o condicionado da resolución de outorgamento, así como á falta de explotación desta durante máis de tres anos consecutivos, imputable ó titular.

Para estes efectos, poderase examina-lo expediente na Demarcación Centro de Augas de Galicia, sita na praza Camilo Díaz Valiño (estación de autobuses), 15781 Santiago de Compostela, durante o prazo de 15 días, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo alegar e presenta-los documentos e xustificacións que coiden pertinentes en relación co expediente de referencia.

O que se publica en cumprimento do disposto no punto cuarto do artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2001.

Antonio López Blanco

Xefe do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico