Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2001 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración que se indica (4/2001).

Expediente 4/2001.

Obxecto: equipamento de cociña para conxunto residencial de vivendas para estudiantes e persoal da Universidade no campus de Vigo-2 lotes.

Localidade: Vigo.

Importe licitación: Lote 1: //13.215.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 2: //19.427.645 pesetas, IVE incluído.

Prazo entrega: 2 meses-lote 1.

1 mes-lote 2.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº dos expedientes: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto dos contratos: a) Descrición dos obxectos: os arriba indicados b) Número de unidades que se van entregar: as especificadas nos pregos e cláusulas. c) División por lotes e número: 2. d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega: os arriba indicados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importes totais: os arriba indicados.

5. Garantías: provisionais: 2% dos importes de licitación. Definitivas: 4% dos importes de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo-Servicio de Xestión Económica e Contratatación. b) Domicilio: edificio anexo ó Rectorado, r/ Areal, nº 46-3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo-36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: Rectorado-edificio anexo; r/ Oporto nº 1-planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo-36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses contados desde a apertura das proposicións. e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo-36201. d) Data: o terceiro día seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil. e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

Vigo, 9 de maio de 2001.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente