Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 01 de xuño de 2001 Páx. 7.315

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 121/2001, do 28 de maio, polo que se nomea presidente do Consello de Dirección do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia o profesor doutor Manuel Cecilio Díaz y Díaz.

Por Resolución do 12 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Universidades (DOG nº 68 do 5 de abril) publicouse o convenio de colaboración asinado o día 30 de xaneiro de 2001 entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e as Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a creación do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia xunto cos seus estatutos, que figuran como anexo ó citado convenio.

O artigo 19 dos estatutos do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia establece que o presidente do Consello de Dirección será nomeado polo presidente da Xunta de Galicia de entre persoas de recoñecido prestixio no ámbito universitario, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, escoitados os rectores e os presidentes dos consellos sociais das universidades consorciadas.

Cumpridos os trámites establecidos, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en cumprimento do artigo 7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear presidente do Consello de Dirección do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia ó profesor doutor Manuel Cecilio Díaz y Díaz.

Santiago de Compostela, vinteoito de maio de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria