A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, no seu artigo 29 establece os criterios en que debe enmarcarse a oferta de emprego público, concibida como instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección do persoal ó servicio das administracións públicas, nos que deben prima-los principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.
Por outra banda, a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000, aprobada polo Decreto 103/2000, do 5 de maio, non foi desenvolvida por completo dentro do correspondente exercicio orzamentario mediante a publicación da totalidade das convocatorias, polo que deixa en parte de ter eficacia, pasando as prazas non convocadas a formaren parte da oferta do ano 2001.
Os artigos 9.2º e 34 da dita Lei 4/1988 establecen os sistemas de acceso para o acceso á función pública, mediante convocatoria pública, baseados nos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.
Así mesmo, o Decreto 95/1991, do 20 de marzo e os artigos 7 e seguintes do III convenio colectivo da Xunta de Galicia regulan os procedementos de selección que se seguirán para a cobertura das prazas vacantes de persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia.
Tendo en conta os postos de traballo vacantes en distintas escalas da Administración xeral e especial e de persoal laboral desta Comunidade Autónoma que afectan o funcionamento dos servicios públicos esenciais, de conformidade co previsto no artigo 24 da Lei 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001, así como no artigo 22 da Lei 13/2000, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado, cómpre a aprobación da oferta de emprego público relativa ó persoal funcionario de distintos corpos e escalas de Administración xeral e especial así como do persoal laboral, no ano 2001.
Na súa virtude, consultadas as organizacións sindicais correspondentes, logo de informe da comisión de persoal e de conformidade co establecido no artigo 12.8º da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificado pola Lei 3/1995, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de maio de dous mil un,
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Aprobación da oferta de emprego público.
De conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, apróbase a oferta de emprego público correspondente a distintos corpos e escalas de Administración xeral e especial así como do persoal laboral da Xunta de Galicia para o 2001 nos termos que se establecen neste decreto.
Artigo 2º.-Cuantificación da oferta de emprego público.
Nesta oferta de emprego público inclúense as necesidades de recursos humanos con asignación orzamentaria que non poden ser cubertas con efectivos de persoal existentes na actualidade, de acordo cos criterios e segundo a composición que se detalla no anexo.
Artigo 3º.-Consolidación de emprego temporal.
Para lle dar continuidade ó emprego temporal, entrenentres se abordan os correspondentes procesos selectivos de acceso con carácter permanente á función pública, poderase transforma-la relación de emprego inicial noutra de natureza interina nos termos previstos no Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, ou na normativa de función pública, todo iso de conformidade co artigo 24 e concordantes da Lei 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2001.
Artigo 4º.-Persoas con minusvalidez.
1. Os procesos selectivos para o ingreso en corpos e escalas de funcionarios e en categorías do persoal laboral da Xunta de Galicia, incluídas as correspondentes á promoción interna, serán admitidas as persoas con minusvalidez nos termos previstos neste artigo e demais normativa aplicable.
As convocatorias non establecerán exclusións por limitacións psíquicas e/ou físicas sen prexuízo das incompatibilidades co desempeño das tarefas ou funcións correspondentes.
Nas probas selectivas, incluíndo os cursos de formación ou período de prácticas, estableceranse, para as persoas con minusvalidez que o soliciten, as adaptacións posibles de medios para a súa realización. Nas convocatorias indicarase expresamente esta posibilidade, así como que os interesados deberán formula-la correspondente petición concreta na solicitude de participación.
Para tal efecto os tribunais ou comisión de selección poderán requirir informe e, se é o caso, colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou dos órganos competentes.
2. En cada convocatoria reservarase o tres por cento das vacantes ofertadas para seren cubertas por quen teña a condición legal de persoal con minusvalidez, de conformidade co previsto na disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio.
Cando o resultado da aplicación da citada porcentaxe dea un resto igual ou superior a 0,5 prazas de reserva computarase como unha praza que se incluíran en tal cota.
Cando o número de vacantes ofertadas en cada convocatoria sexa igual ou superior a 10 pero inferior ó número necesario para aplica-lo sinalado nos parágrafos anteriores reservarase, en todo caso, unha praza á devandita cota.
En todo caso, en cada convocatoria establecerase o número concreto de prazas que quedan reservadas para persoas con minusvalidez ás que puidera corresponder esta cota. Farase constar así mesmo que non se reserva ningunha praza no suposto de que non se alcanzase o mínimo necesario para isto de acordo co previsto nos puntos anteriores.
A opción a prazas reservadas terá que formularse na solicitude de participación nas convocatorias con declaración expresa dos interesados de reuni-la condición esixida ó respecto, que se acreditará se obtivese praza, mediante certificación dos órganos competentes. As probas selectivas realizaranse en condicións de igualdade cos aspirantes de libre acceso, sen prexuízo das adaptacións previstas neste artigo.
Se na súa realización se lle suscitaran dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios do corpo, escala ou persoal laboral da categoría á que se opta, poderán solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.
Con anterioridade ó nomeamento e unha vez superado o proceso selectivo, a Consellería da Presidencia e Administración Pública poderá requirir, respecto das persoas que acceden por esta cota de reserva, dictame do órgano competente sobre a compatibilidade do candidato para o posto de traballo ou sobre as adaptacións deste último.
Artigo 5º.-Procedemento de provisión de postos por persoal laboral nas respectivas categorías da presente oferta.
Os postos de traballo proveranse, segundo o caso, de conformidade co previsto no Decreto 95/1991, do 20 de marzo e no capítulo IV do III convenio colectivo unico da Xunta de Galicia.
As vacantes incluídas nesta oferta que teñan unha xornada inferior á normal, figurarán con esta característica na correspondente relación de postos de traballo.
Disposición adicional
Queda sen efecto o Decreto 103/2000, do 5 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000 no que se refire ás 4 prazas correspondentes ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados e ás 16 do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística
Disposicións derradeiras
Primeira.- Facúltase o conselleiro da Presidencia e Administración Pública para dictar, dentro das súas competencias, as normas precisas para o desenvolvemento do presente decreto.
Segunda.- Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, dezaoito de maio de dos mil un.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Jaime Pita Varela
conselleiro da Presidencia e Administración Pública
Oferta de emprego público 2001.
I. Administración xeral.
Grupo A:
-Escala superior de estatística: 4 prazas.
-Escala de letrados: 6 prazas.
Total grupo A: 10 prazas.
Grupo B:
-Escala técnica de estatísticos: 2 prazas.
-Escala de inspección de turismo: 16 prazas.
Total grupo: B: 18 prazas.
Total Administración xeral: 28 prazas.
II. Administración especial.
Grupo A:
-Escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos: 8 prazas.
-Escala de enxeñeiros agrónomos: 33 prazas.
-Escala de enxeñeiros industriais: 3 prazas.
-Escala de enxeñeiros de minas: 6 prazas
-Escala de enxeñeiros de montes: 26 prazas.
-Escala de enxeñeiros de telecomunicacións: 1 praza.
-Escala de arquitectos: 15 prazas.
-Escala de biólogos: 4 prazas.
-Escala de químicos: 5 prazas.
-Escala de arqueólogos: 2 prazas.
-Escala de inspección pesqueira: 1 praza.
-Escala facultativa de arquivos, bibliotecas e mu-
seos:
-Arquivos: 10 prazas.
-Bibliotecas: 6 prazas.
-Museos: 4 prazas.
Total grupo A: 124 prazas.
Grupo B:
-Escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas: 5 prazas.
-Escala de enxeñeiros técnicos industriais: 8 prazas.
-Escala de enxeñeiros técnicos forestais: 40 prazas.
-Escala de enxeñeiros técnicos agrícolas: 25 prazas.
-Escala de enxeñeiros técnicos de minas: 1 praza.
-Escala de arquitectos técnicos: 13 prazas
-Escala de topógrafos: 4 prazas.
-Escala técnica de vixilancia pesqueira: 2 prazas.
-Escala de axentes de extensión pesqueira: 3 prazas.
-Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos:
-Arquivos: 19 prazas.
-Bibliotecas: 15 prazas.
-Museos: 13 prazas.
Total grupo B: 148 prazas.
Grupo C:
-Escala de delineantes: 1 praza.
-Escala de subinspección pesqueira: 4 prazas.
-Escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira:
-Patróns: 6 prazas.
-Mecánicos: 7 prazas.
-Mariñeiros especializados: contramestres e mecamares: 1 praza.
Total grupo C: 19 prazas.
Grupo D:
-Escala de axentes forestais: 100 prazas.
-Escala básica de vixilancia pesqueira: 7 prazas
Total grupo D: 107 prazas.
Total administración especial: 398 prazas.
Total oferta persoal funcionario: 426 prazas.
III. Persoal laboral
Categoría oferta Nº Cat. Nº Vacantes
Tit. sup. médico/a//médico/a xeriatra
Tit. sup. psicólogo/a
Total grupo I 2
6 7
11
18
ATS//enfermeiro/a//practicante//DUE
Educador/a//profersor/a especial
Asistente social
Restaurador/a
Perito xudicial diplomado
Total grupo II 2
6
17
31
38 25
17
16
5
1
64
Oficial laboratorio//analista 2ª//axundante técnico/a laboratorio
Oficial 1ª conductor/a//conductores/as 1ª//
Conductores/as altos cargos//conductor/a//mecánico
Oficial 1ª cociña//Oficial 1ª//cociñeiro/a//xefe/a cociña 2ª//cociñeiro/a 1ª
Pastor/a oficial 1ª//maioral//oficial 1ª//gandería//oficial 1ª campo// oficial 1ª//agrícola//capataz agrícola
Entrevistador-enquisador
Total grupo III
61
63
65
68
103
25
32
14
6
5
82
Auxiliar sanitario//auxiliar clínica//auxiliar psiquiátrico/a//auxiliar de enfermería//coidador xeriátrico// coidador/a
Auxiliar fogar//coidador/a auxiliar//auxiliar coidador/a
Oficial 2ª cociña//cociñeiro/a//oficial 2ª
Oficial 2ª faenas agrícolas//oficial de campo//oficial 2ª gandería//oficial 2ª agrícola
Auxiliar laboratorio
Conductor/a
Auxiliar de arquivos e bibliotecas
Auxiliar de museos
Total grupo IV
3
4
5
9
11
16
35
36
153
27
75
10
18
20
21
2
326
Camareiro/a-limpador/a//axundante cociña//pranchador/a-lavandeiro/a//costureira//cortador/a//pranchador/a//lavandeiro/a
Ordenanza//celador/a//vixilante oficinas//vixilante nocturno/a//vixilante//subalterno/a//porteiro/a//recepcionista//telefonista//sereno//garda
Peón/a agrario/a especializado/a
Vixilante arquivos, bibliotecas e museos
Limpador/a//fregrador/a//empregado/a comedor//empregado/a cociña-pinche//servicio doméstico//mozo/a de limpeza//pinche de cociña//persoal servicios xerais
Total grupo V
Prazas totais
1
3
8
10E
11
161
33
6
23
294
517
1007Grupo I
Grupo II
Grupo III
Grupo IV
Grupo V