Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 01 de xuño de 2001 Páx. 7.321

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 28 de maio de 2001 pola que se prorroga o prazo das bolsas para favorece-la investigación no campo dos estudios xacobeos convocadas pola Orde do 14 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 29 de marzo).

A orde da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 14 de marzo de 2001, pola que se convocan bolsas para favorece-la investigación no campo dos estudios xacobeos, no seu artigo 5º establecía como prazo de presentación de solicitudes o 1 de xuño de 2001.

As bolsas teñen como finalidade declarada posibilitar que os universitarios, profesores e investigadores en temas xacobeos poidan participar no VI Congreso Internacional de Estudios Xacobeos: O Pseudo-Turpín, lazo entre o culto xacobeo e o culto a Carlomagno, a dimensión inmediata do cal ten unha vocación claramente internacional.

Polo exposto, e dado que as solicitudes de bolsas poden proceder de moi diversos lugares, o cal incidiría na data de chegada da documentación requirida na orde de referencia, considérase preciso amplia-lo prazo previsto no mencionado artigo 5º.

Para tal fin,

DISPONSE:

Artigo único.

Prorrógase o prazo de presentación de solicitudes de bolsas para favorece-la investigación no campo dos estudios xacobeos convocadas pola Orde do 14 de marzo de 2001 (DOG do 29 de marzo), ata o 1 de xullo de 2001.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2001.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo