En atención ós méritos que concorren en Caixa Galicia, e ó abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Ouro de Galicia, modificado polo Decreto 166/1995, do 16 de xuño, é vontade do Goberno galego outorgarlle a súa máis alta distinción.
Polo tanto, e logo de acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de xuño de dous mil un,
DISPOÑO:
Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia a Caixa Galicia.
Santiago de Compostela, catorce de xuño de dous mil un.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Jaime Alberto Pita Varela
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública