Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 18 de xuño de 2001 Páx. 8.127

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario, reguladas no artigo 15 do Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondente ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios, de conformidade co establecido na Resolución do 5 de abril de 2001.

Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 5 de abril de 2001 (DOG nº 75, do 18 de abril), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario nas relacións de postos de traballo, reguladas no artigo 15 do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e á vista das solicitudes presentadas para ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios con destino en lonxas e matadoiros da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez elaboradas pola Comisión Permanente de Selección as listas na súa sesión do día 5 de xuño de 2001, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal funcionario regulada no artigo 15 do Decreto 89/1997 correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios con destino en lonxas e matadoiros da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. As ditas listas están expostas na forma que seguidamente se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para a emenda de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que irán dirixidas á correspondente Comisión Permanente de Selección de Persoal Funcionario (Dirección Xeral da Función

Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública; edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as emendas procedentes; disto darase a oportuna publicidade.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública