Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 18 de xuño de 2001 Páx. 8.128

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2001, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas, convocado por Orde do 17 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 147, do 31 de xullo), pola que se publica a relación de opositores que superaron o terceiro exercicio e se convoca para a realización do cuarto exercicio.

En sesión ordinaria que tivo lugar o día 8 de xuño de 2001, o tribunal adoptou os seguintes acordos:

Primeiro.-Publicar, nos lugares indicados na base II.2.5 da convocatoria, a relación de opositores que superaron o terceiro exercicio.

Segundo.-Convoca-los opositores da quenda libre e os de promoción interna para a realización do cuarto exercicio, o día 9 de xullo de 2001, luns, ás 16 horas, na Escola Galega de Administración Pública; r/ Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

De acordo coa base II.2.2 da convocatoria, a orde de actuación dos opositores iniciarase polo primeiro da letra z, comezando polos de promoción interna; a continuación, na mesma orde, intervirán os da quenda libre.

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado media hora antes da sinalada para o comezo do exercicio, provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2001.

Gonzalo Vázquez Rivas

Presidente do tribunal