Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 19 de xuño de 2001 Páx. 8.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/161-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Marxión, nº 1.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV de 93 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. existente entre os CC.TT. Ravella e Ramón Cabanillas, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta denominado Marxión nº 1, no concello de Vilagarcía de Arousa, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 26 de abril de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra