Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 19 de xuño de 2001 Páx. 8.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/103-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Canido-Camiño Romeu.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV de 100 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio proxectado tipo H.V.H.-1.600/13 da L.M.T. ós CC.TT. Cauchos Galicia e Ricardo Mella ata o emplame coa L.M.T.S. existente o C.T. Ricardo Mella, no concello de Vigo. C.T. de 400 kVA, R.T.

15 kV-380/220 V, situado en Canido-Camiño Romeu. R.B.T., subterránea, de 100 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 26 de marzo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra