Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 19 de xuño de 2001 Páx. 8.225

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (59/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 88-89/2001 (execución 59/2001), seguidos por instancia de Jesús Noguerol Noguerol contra a empresa Construcciones Coto Bad, S.L., sobre despedimento, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Sentencia nº 190. En Lugo, o catro de abril do ano dous mil un. Vistos por Aurelia Bello Fernández,

maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 88-89/2001 acumulados sobre reclamación por despedimento e resolución de contrato, no que son partes como demandante Jesús Noguerol Noguerol, representado pola letrada Mª Teresa Souto Neira e como parte demandada o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non compareceu a empresa codemandada Construcciones Coto Bad, S.L., malia estar citada en forma legal.

Decido: que estimando a demanda presentada en autos nº 88/2001 sobre despedimento, por Jesús Noguerol Noguerol, contra a empresa Construcciones Coto Bad, S.L., debo declarar e declaro que o cesamento do demandante, producido o 8-1-2001, constitúe un despedimento improcedente, e en consecuencia, condeno a empresa demandada a que no prazo de 5 días, desde a notificación desta sentencia, opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se produci-lo despedimento ou unha indemnización de 45 días de salario por ano de servicios equivalente a catrocentas doce mil setecentas corenta pesetas (412.740 pesetas). En todo caso deberá aboarlle ó demandante os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta sentencia, que ata a presente resolución se elevan a trescentas noventa e oito mil novecentas oitenta e dúas pesetas (398.982 pesetas). De non optar entre readmisión ou indemnización, enténdese que procede a primeira. Absólvese

o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sen prexuízo da ulterior responsabilidade que o puidese alcanzar nos casos legalmente previstos. Que, desestimando a demanda presentada en autos 89/2001, por Jesús Noguerol Noguerol, en materia de resolución de contrato, contra a empresa Construcciones Coto Bad, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), debo absolver e absolvo os demandados de tódalas peticións formuladas na demanda. Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que, contra ela, cabe interpor recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste xulgado do social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral, e en especial o disposto no seu artigo 228, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozar do beneficio

da xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, que consignou na conta de depósitos e consignacións nº 2322-61-nº de autos 88-89/2001 acumulados, que este xulgado do social ten aberta no Banco de Bilbao-Vizcaya, deste cidade, rúa da Raíña, nº 1, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que se deberá facer consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, se é o caso, o documento de aseguramento, nos

que deberá consta-lo número de procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño deles para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, máis o depósito de 25.000 pesetas, prevido para esta clase de recursos que se deberá constituír na mesma conta nº 2322-65-nº de autos 88-89/2001 acumulados do Banco de Bilbao-Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, debendo entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, en caso de se-la empresa demandada condenada quen o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal. Así por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado. Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado.

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Coto Bad, S.L., en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o 7 de maio de 2001.

Rubricado