Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 19 de xuño de 2001 Páx. 8.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do 20 de abril de 2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización de parte do solo apto para urbanizar residencial de baixa densidade-1 A Castellana das normas subsidiarias municipais no lugar de Outeiro-Cambre, presentado por Antonio Moure Rama e outros, e redactado polos arquitectos Ánxel Luís e Eduardo Monteoliva Díaz.

O que se fai público, para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Unidade Xurídica de Urbanismo e Persoal deste concello.

Cambre, 7 de maio de 2001.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde