Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 19 de xuño de 2001 Páx. 8.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno en sesión celebrada o 30 de maio de 2001, aprobouse a forma de adxudicación mediante concurso, e trámite de urxencia para controla-los servicios para a realización dos traballos de depuración dos padróns das taxas de sumidoiros, lixo e auga no Concello de Lugo. Por este anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a realización dos traballos de depuración dos padróns das taxas de sumidoiros, lixo e auga.

b) Prazo de execución: o prazo máximo de realización dos traballos fíxase como máximo ata o 30 de setembro de 2001, excepto o lixo doméstico rural que será como máximo o 30 de novembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación. O prezo máximo do contrato será dun 55% da cantidade que efectivamente se recade como consecuencia das actuacións realizadas no cuarto trimestre do ano 2001, referente á taxa de lixo, e unha porcentaxe máxima do 55% da alta de cada usuario novo, como consecuencia das actuacións realizadas, no referente á taxa do servicio domiciliario de auga. Para o lixo doméstico do rural a porcentaxe será o 55% da cota anual correspondente ó ano 2002. Na fase recadatoria entenderase tanto a voluntaria como a executiva.

Ás ditas porcentaxes engadiráselle o IVE.

Os gastos de correo serán por conta do concello.

5. Garantías.

Provisional: 200.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197-3ª planta.

c) Localidade e CP: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula novena do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197, planta baixa.

3ª Localidade e CP: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197-3ª planta.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: ó terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó remate do prazo de prsentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 4 de xuño de 2001.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D.

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de Área