Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 19 de xuño de 2001 Páx. 8.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MAZARICOS

ANUNCIO de poxa con procedemento aberto e tramitación urxente para a venda de catro predios municipais no Val, no sitio Riba da Horta Vella.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mazaricos.

Expediente tramitado na secretaría.

2. Obxecto do contrato: a venda do predio A-3, A-14, A-2 e A-13 do plano nº 2 do convenio asinado o día 20 de xaneiro de 2000.

Predio A-3: superficie, 1.250 m.

Uso: solo apto para urbanizar de uso industrial (SAUI).

Predio A-14: superficie, 1.250 m.

Uso: solo apto para urbanizar de uso industrial (SAUI).

Predio A-2: superficie, 1.250 m.

Uso: solo apto para urbanizar de uso industrial (SAUI).

Predio A-13: superficie, 1.250 m.

Uso: solo apto para urbanizar de uso industrial (SAUI).

3. a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Tipo de licitación: 2.250.000 pesetas, para cada predio (13.522,77 euros).

5. Garantías: provisional: 45.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información: no Concello de Mazaricos (avda. Trece de abril, nº 59, A Picota, tfno.: 981 86 71 04, fax: 981 85 22 17), dentro do prazo de 8 días naturais seguintes á última publicación deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista: os sinalados no prego de cláusulas administrativas que regulan a venda.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Fecha límite: en horario laboral, no prazo de 8 días naturais contados desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia, no rexistro do Concello de Mazaricos.

b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: Concello de Mazaricos.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na Casa Consistorial ás 12 horas do 2º día seguinte hábil ó do termo do prazo de presentación de proposicións. Se ese día é sábado, trasládase o acto ó luns seguinte.

10. Gastos: serán á conta do adxudicatario tódolos gastos de publicación de licitación.

11. Exposición do prego: o prego de cláusulas administrativas queda exposto ó público no Concello de Mazaricos durante o prazo de 4 días, para que as persoas e as entidades interesadas poidan presenta-las alegacións, suxerencias e reclamacións que coiden pertinentes.

Mazaricos, 8 de maio de 2001.

O alcalde

Rubricado