Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 19 de xuño de 2001 Páx. 8.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión celebrada o día 4 de xuño de 2001, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle en parcela ETD-3, na avda. Rosalía de Castro, redactado polo arquitecto Ricardo Aguilar Argenti e promovido por Promociones Gracomeca, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o dito estudio de detalle estará exposto ó público, nas oficinas municipais de Secretaría, durante o prazo dun mes, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 6 de xuño de 2001.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde