Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 19 de xuño de 2001 Páx. 8.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

1. Obxecto do contrato: asistencia técnica para a prestación de servicios de asesoramento e colaboración na inspección do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE).

2. Prazo do contrato: doce meses con posibles prórrogas, por mutuo acordo, ata un máximo de catro anos.

3. Prezo do contrato: os licitadores propoñerán oferta económica do prezo pola execución deste traballo conforme o establecido nos artigos 85 a) e 202.2º do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño.

4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional, para participar no concurso será de 400.000 pesetas.

O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva de 1.000.000 de pesetas.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do último dos anuncios nos BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Tamén poderán presentarse na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula 4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusula 4 do prego.

Vilagarcía de Arousa, 9 de maio de 2001.

Joaquín J. Gago López

Alcalde