Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.354

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (15/2001).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico, que neste xulgado se seguen autos número 15/2001, por instancia de Ana M. Loredo contra Soft Pyme, S.L. sobre salarios nos que recaeu sentencia en data 31-5-2001 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimado a demanda promovida por Ana María Loredo Buznego contra a empresa Soft Pyme, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que aboe a actora a cantidade de trescentas catorce mil duascentas oitenta e dúas pesetas por todolos conceptos reclamados en demanda.

Así por esta a miña sentencia contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte a súa notificación, anunciado o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba diante desde xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5.605, clave 60, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse conta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo

recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada; definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a empresa Soft Pyme, S.L., expido e asino esta cédula en A Coruña o 5 de xuño de 2001.

A secretaria xudicial

Rubricado