Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.355

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (56/2001).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fai saber que nos autos seguidos neste xulgado co nº de execución 56/2001, por instancia de Ana María Senra Blanco, contra a executada Campos & del Moral, S.L., sobre despedimento, se dictou con esta data auto, cunha parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Dada conta. Presentado o anterior escrito pola parte demandante, rexístrese no libro de execucións co número 56/2001. Na súa vista e de conformidade co disposto no artigo 278 da Lei de procedemento laboral, cítense as partes para comparecencia na sala de audiencia deste xulgado, sito no polígono das Fontiñas, r/ Viena, s/n desta cidade, para o vindeiro día 18 de xullo, ás nove e trinta horas, advertindo a parte demandante de que, de non comparecer ela ou persoa que a represente, se considerará desistida da súa solicitude, e a Campos & del Moral, S.L. que, se non comparece, terá lugar o acto sen a súa presencia. Advírtase ás partes de que serán examinadas polo xuíz sobre os feitos da non read

misión ou da readmisión irregular, e poderán achega-las probas que poidan practicarse no acto. En canto ó outrosí, cítese para o mesmo día e hora o representante legal da citada empresa, para os efectos do seu interrogatorio, baixo os apercibimentos legais contidos no artigo 304 da LAC para o caso de incomparecencia, e requírase a executada para que presente no acto da comparecencia comunicación fidedigna dirixida á traballadora indicativa da data na que esta debeu incorporarse á empresa, xustificante do aboamento do pagamento de salarios de tramitación e partes de alta na Seguridade Social.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpor recurso de reposición ante este xulgado no prazo de cinco días desde a súa notificación. Así o acorda, manda e asína S.Sª., do que dou fe».

E para que lle sirva de notificación en forma á empresa executada Campos & del Moral, S.L., e ó representante legal de tal empresa, que actualmente se atopan en paradoiro descoñecido, e así mesmo para que teña lugar a súa publicación no BOP da Coruña, baixo a advertencia de que as seguintes notificacións se farán nos estrados deste xulgado (artigo 59 LPL), expido e asino este edicto en Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2001.

O secretario

Rubricado