Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo do Concello Pleno, na súa sesión do 7 de maio do 2001, aprobouse a forma de adxudicación mediante concurso, para a adxudicación, en réxime de concesión administrativa de dominio público, da redacción do proxecto, construcción e explotación dun espacio multifuncional de ocio, comercial e de servicios no parque da Milagrosa, por este anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a redaccción do proxecto, construcción e explotación dun espacio multifuncional de ocio, comercial e servicios no parque da Milagrosa, en réxime de concesión administrativa de dominio público e con suxeición ó presente prego, así como ás normas establecidas no vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana.

e) Prazo de duración: o prazo máximo da concesión será de 99 anos, contados a partir da data de outorgamento de escritura pública de formalización da concesión.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación.

O concursante ofrecerá na súa proposición un canon ó concello, e poderá optar polas diferentes opcións sinaladas na cláusula VIII do prego.

5. Garantías.

Provisional: 300.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e CP: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula XIII do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade CP: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó remate de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: correrán por conta do contratista adjudicatario.

Lugo, 28 de maio do 2001.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/19999)

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de Área