Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ABEGONDO

ANUNCIO de licitación.

Polo presente anúnciase contratación, polo sistema de concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, dunha obra incluída no Plan de obras e servicios 2001.

Obxecto: saneamento de Crendes-Mabegondo.

Tipo de licitación: 12.964.138 pesetas.

Fianza provisional: 2% do tipo de licitación.

Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Lugar e prazo de presentación de licitación: no rexistro xeral do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de quince días naturais contado a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG.

Apertura de proposicións: terá lugar ás 12 horas do segundo día hábil a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

O prego tipo de cláusulas administrativas particulares, proxecto da obra e cadro de características do contrato atópase de manifesto na secretaría do concello.

Abegondo, 1 de xuño de 2001.

José Antonio Santiso Miramontes

Alcalde-presidente