Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 6 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de revogación do 10 de maio de 2001 das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 342B 00/2630-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de revogación das axudas á contratación indefinida da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

1º Expediente de procedemento: FM 342B 00/2630-5.

Orde da convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: Teletrónica Comunicaciones, S.L.

Enderezo: Gregorio Espino 52 ent. Oficina 3, 36205 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 10 de maio de 2001, ó abeiro da Orde do 13-3-2000.

Resolución:

«Examinado o expediente de axudas pola contratación indefinida de traballadores, presentada por Teletrónica Comunicaciones, S.L. e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes.

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 13-7-2000 e estimada na Resolución do 17-11-2000, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 300.000 pesetas pola contratación indefinida de 1 traballador.

Segundo.-O pagamento da subvención concedida condicionouse á presentación da documentación e ó cumprimento das obrigas establecidas na orde de convocatoria.

Terceiro.-O beneficiario non achegou de forma correcta e no prazo indicado a seguinte documentación:

-Certificados de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social e na Axencia Estatal Tributaria.

-Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto ou, de se-lo caso, de que non solicitou o percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

-Alta no imposto de actividades económicas.

-TC1 e TC2, dos meses seguintes: setembro/2000, marzo/2000, setembro/1999 e abril/1999.

Cuarto.-Na tramitación deste expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia, por delegación da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, corresponde a esta delegación provincial en virtude do artigo 3 da Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo) pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2000.

Segundo.-O artigo 11 da orde reguladora determina a revogación das axudas e subvencións concedidas nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG do 5 de novembro).

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

RESOLVE:

Revoga-la resolución desta delegación provincial do 17-11-2000, pola que se concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 300.000 pesetas pola contratación indefinida de 1 traballador.

Notifíquese ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa, e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala de Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 10 de maio de 2001. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial.».

Os correspondentes expedientes áchanse no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Pro

vincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 6 de xuño de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra