Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2001 de extinción por caducidade da concesión hidroeléctrica de Monte Castelo.

Por resolución do Goberno Civil de Pontevedra do 10 de outubro de 1898, outorgouse a concesión hidroeléctrica de Monte Castelo a Daniel Poyán Poyán e a José Ramón Lorenzo, para aproveitar 3.500 litros de auga por segundo do río Verdugo, no lugar denominado Monte Castelo na parroquia de Insua, no concello de Ponte Caldelas con destino á producción de enerxía eléctrica para unha fábrica de productos químicos situada no predio denominado Veiguiña Longa, no concello de Soutomaior.

O presidente de Augas de Galicia acordou o 20 de decembro de 2000 iniciar un expediente de extinción por caducidade desta concesión, baseado na non construcción deste aproveitamento, incumprindo o condicionado da resolución de outorgamento, así como na falta de explotación desta, cunha interrupción permanente da explotación durante máis de tres anos consecutivos, imputable ó titular.

No expediente en cuestión non se puido atopa-lo enderezo dos concesionarios orixinais, por se-la antedita concesión moi antiga.

Por medio do presente anuncio faise saber que por parte do presidente do organismo autónomo Augas de Galicia foi dictada resolución de extinción por causa de caducidade da concesión hidroeléctrica de referencia, transcribíndose a seguir a súa parte dispositiva:

Primeiro.-Declara-la caducidade da concesión hidroeléctrica de Monte Castelo, outorgada por resolución do Goberno Civil de Pontevedra do 10 de outubro de 1898 a Daniel Poyán Poyán e a José Ramón Lorenzo, para aproveitar 3.500 litros de auga por segundo do río Verdugo, no lugar denominado Monte Castelo na parroquia de Insua, no concello de Ponte Caldelas con destino á producción de enerxía eléctrica para unha fábrica de productos químicos situada no predio denominado Veiguiña Longa, no concello de Soutomaior, de acordo coa non construcción deste aproveitamento, incumprindo o condicionado da resolución de outorgamento, así como na falta de explotación desta, cunha interrupción permanente da explotación durante máis de tres anos consecutivos, imputable ó titular, e polos motivos mencionados nos fundamentos xurídicos desta resolución, cos efectos legais e regulamentarios correspondentes.

Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución ós interesados, con expresión dos recursos que legalmente procedan.

Contra a indicada resolución, que non esgota a vía administrativa poderá interporse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun (1) mes, contado

desde o día seguinte ó da recepción da presente notificación, e isto sen prexuízo de que poida exercer, de se-lo caso, calquera outro recurso que coide procedente.

O que se publica en cumprimento do disposto no punto cuarto do artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2001.

Antonio López Blanco

Xefe do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico