Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

ANUNCIO do 19 de xuño de 2001 polo que se notifica a resolución da presidencia do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, do procedemento polo que se deixa sen efecto a axuda e se declara o reintegro do percibido indebidamente (PR/JA/013/01).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa sinalada no anexo, a resolución dictada polo presidente do Ilgga, pola que se deixa sen efecto a axuda e se declara o reintegro do percibido indebidamente, mediante publicación dun extracto dela, xa que non foi posible a práctica da notificación a través do servicio de correos no seu último enderezo coñecido, con indicación de que a dita resolución e o expediente íntegro se atopan na secretaría do Ilgga, sita en Santiago de Compostela, (rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños).

A resolución que se notifica por medio deste anuncio esgota a vía administrativa e, contra ela, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante o presidente do Ilgga, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben impugnarse directamente perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo da súa inmediata executividade.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2001.

Secundino Grobas Mosquera

Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia

ANEXO

Número de expediente: PR/JA/013/01.

Axuda: mellora da eficacia das estructuras agrarias (R.D. 1887/1991).

Perceptora: Mª Dolores Carballo de Dios.

DNI: 34.928.991.

Último enderezo coñecido: A Veiga. Xunqueira de Espadanedo, (32730) Ourense.

Axuda percibida: 3.420.000 pesetas en forma de subvención directa (400.000 pesetas) e axuda ligada o préstamo, en forma de bonificación de xuros (1.499.086 pesetas) e axuda á amortización (1.520.914 pesetas).

Data de pagamento da axuda: 18-10-1996.

Data da resolución declarativa do reintegro: 6-6-2001.

Lexislación aplicable: R.D. 1887/1991, do 30 de decembro, de mellora da eficacia das estructuras agrarias, Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (artigo 70, alíneas 1 e 9) e Real decreto lexislativo 1991/1988, do 23 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral orzamentaria.

Causa do reintegro: incumprimento da obriga de exerce-la actividade agraria durante cinco anos.

Importe que hai que reintegrar:

1) Subvención directa ó Ilgga (400.000 pesetas xunto cos xuros de demora devengados dende o pagamento da axuda).

2) Bonificación de xuros e axuda á amortización ó MAPA (que será determinada polo dito ministerio).