Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2001 de corrección da do 25 de xuño de 2001 pola que se anunciou concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación das obras de ampliación da E.T.S. de enxeñeiros de telecomunicación e nova E.T.S. de enxeñeiros de minas. (Expediente 405/2001).

No BOE número 154 e no DOG nº 128 publicáronse anuncios relativos á convocatoria para a adxudicación da obra correspondente ó expediente nº 405/2001.

Detectados erros no proxecto e no prego de cláusulas administrativas particulares no referente á clasificación empresarial esixida procede efectua-la súa rectificación e conceder un novo prazo de presentación de ofertas sendo as correccións as seguintes:

En lugar de:

«7. Requisitos específicos do contratista: a capacidade de obrar, a clasificación empresarial e a solvencia económico-financeira e técnica deberanse

acreditar, segundo os casos, na forma e polos medios que se indiquen no prego de cláusulas.

a) Clasificación:

Grupo C; subgrupos: 3, 4, 6, 7, 8, 9; categoría: F.

Grupo I; subgrupos: 1, 6; categoría: F.

Grupo J; subgrupos: 1, 2, 4; categoría : F.

Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: 16 de agosto de 2001, ás 14 horas.

9. Apertura de ofertas: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo, r/ Areal, nº 46-1º andar. Vigo 36201. Data 20 de agosto de 2001. Hora: 13 horas».

Substituír por:

«7. Requisitos específicos do contratista: a capacidade de obrar, a clasificación empresarial e a solvencia económico-financeira e técnica deberanse acreditar, segundo os casos, na forma e polos medios que se indiquen no prego de cláusulas.

Grupo CSubgruposCategoría

2F

4E

6E

9E

Grupo ISubgruposCategoría

6E

Grupo JSubgruposCategoría

2E

8. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: 26 de agosto de 2001 ás 14 horas.

9. Apertura de ofertas: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo, r/ Areal, nº 46-1º andar. Vigo-36201. Data 29 de agosto de 2001. Hora: 13 horas».

12. Data de envío da corrección do anuncio Diario Oficial das Comunidades Europeas: 5 de xullo de 2001.

Vigo, 5 de xullo de 2001.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo