Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 12 de xullo de 2001 Páx. 9.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO de licitación.

Por así telo acordado a Comisión de Goberno deste concello, na sesión que tivo lugar o día 20 de xuño de 2001, e co obxecto de dar cumprimento ó disposto no artigo 78 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Anúnciase concurso por procedemento aberto, e polo trámite de urxencia, para adxudica-la obra

denominada: construcción dun centro de queixo artesán-2ª fase, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: a contratación da referida fase da dita obra, por un orzamento de execución por contrata de 13.966.707 pesetas, usando para ela o prego-tipo de cláusulas administrativas particulares, que rexerá para a contratación de obras mediante concurso con procedemento aberto, aprobado pola Comisión de Goberno na sesión do día 22 de setembro de 2000, (que se atopa publicado no BOP nº 198, do 29 de agosto de 2000), o cal se considerará como parte íntegra do expediente e do contrato que se formalice.

2. Duración do contrato: a fase obxecto de contratación deberá estar executada antes do día 30 de setembro de 2001 e as obras deben comezar a partir do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

3. Tipo de licitación: 13.966.707 pesetas, IVE incluído.

4. Revisión de prezos: atendendo á natureza desta obra, no procederá en ningún caso a revisión de prezos do contrato e, polo tanto, no se aplicará ningunha fórmula de revisión de prezos.

5. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación verificarase contra certificación de obra, -acompañada da súa relación valorada-, expedida polo técnico director de obras, logo da súa aprobación pola Comisión de Goberno do concello; e farase efectivo con cargo á partida 433.C1.622.00, denominada construcción centro queixo, obras de edificación e instalación, do capítulo VI investimento reais, do estado de gastos do orzamento municipal do presente exercicio.

6. Publicidade do prego: estará de manifesto tódolos día hábiles nas oficinas municipais, podéndose obter copia.

7. Garantía definitiva: será requisito previo e necesario para a formalización do contrato, e consistirá no 4% do prezo de adxudicación.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarse por calquera dos medios a que se refire o artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Solvencia técnica: acreditarase mediante a relación das obras executadas curso dos últimos cinco años, acompañada de certificados de boa execución para as máis importantes.

10. Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, durante os trece días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG, en horas de nove a trece, e nos tres sobres cerrados a que se refire a cláusula 14 do referido prego-tipo, conforme proceda.

11. Apertura de plicas: terá lugar no salón de sesións da casa do concello, ás trece horas do seguinte día hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, ante a mesa de contratación, logo de cualifica-la documentación presentada.

12. Criterios para a adxudicación do concurso serán os seguintes:

a) Oferta de control interno de calidade: ata 5 puntos.

b) Reducción de prazos na execución da obra: ata 4 puntos.

c) Oferta económica: ata 1 punto.

13. Modelo de proposición económica: o recollido na cláusula 14 do referido prego-tipo de cláusulas administrativas particulares, para a súa inclusión dentro do sobre A.

Arzúa, 21 de xuño de 2001.

Manuel Moscoso López

Alcalde