Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 13 de xullo de 2001 Páx. 9.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de clausura, selaxe e acondicionamento do vertedoiro de residuos sólidos urbanos do municipio de Curtis (A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), o Organo ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de clausura, selaxe e acondicionamento do vertedoiro de residuos sólidos urbanos do municipio de Curtis (A Coruña).

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte día á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliacion Ambiental