Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 13 de xullo de 2001 Páx. 9.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 13 de xuño 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores de incendios 28/2001 e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 23 de xaneiro de 2001 da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2001, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta noficación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións, e os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos participándolles que teñen á súa disposición o expediente para examinalo de conformidade o establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do Regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo

na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoos en calquera entidade bancaria.

Ourense, 13 de junio de 2001.

Montserrat González Pérez

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

Expediente nº/ano: 28/2001.

Denunciado: José Pérez Fernández.

DNI 34.723.089.

Último enderezo coñecido: Guilss nº 7 Puigcerdá.

Feito denunciado: abandono vehículo M-5633-IU.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN.

Sanción pesetas: 50.000.

Expediente nº/ano: 78/2001.

Denunciado: Antonio Torres Ambrosio.

DNI 34.963.432.

Último enderezo coñecido: Xeneral Franco nº 92, Xinzo de Limia.

Feito denunciado: abandono vehículo OR-7180-I.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN.

Sanción pesetas: 50.000.

Expediente nº/ano: 83/2001.

Denunciado: Excavaciones Ourensanas, S.L.

CIF B-32143919.

Último enderezo coñecido: Rúa Coruña nº 3, 32300 O Barco de Valdeorras.

Feito denunciado: abandono vehículo OR-29878.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN.

Sanción pesetas: 50.000.