Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 13 de xullo de 2001 Páx. 9.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 5 de xuño de 2001, da Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se lles notifican ás persoas relacionadas no anexo os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo, polos servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire, non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 0046-0247-60-0000055557 nos prazos que se sinalan no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixiranse os correspondentes xuros de demora, (artigo 21 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñerse no prazo de 15 días, a partir do día seguinte ó desta notificación, recurso de reposición perante o órgano emisor ou reclamación econcomico-administrativa perante o Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste, e lle sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

O Barco de Valdeorras, 5 junio de 2001.

Luis A. González Rodríguez

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras

SUXEITO PASIVODNI/NIFCONCEPTOPERÍODODÉBEDA PTAS

VICENTE RODRIGUEZ,JOSE76.725.569PRESTACIÓNS SANITARIAS03/01/99-03/12/9924.840

ANDREU MORALES, SANTIAGO36.566.251PRESTACIÓNS SANITARIAS25/10/99-25/10/9924.840

FERNANDEZ BAHAMONDE, NATALIA36.149.400 RPRESTACIÓNS SANITARIAS18/08/00-18/08/0024.840

CORREIA AIRES, BELMIRO10.489.172PRESTACIÓNS SANITARIAS14/05/00-15/05/0035.840

REBELLON MARMOLEJO, ANGELICA42.018.455PRESTACIÓNS SANITARIAS18/08/00-18/08/0035.840