A Comisión de Goberno, en sesión do 9-6-2001 adoptou o seguinte acordo:
Primeiro.-Tomar coñecemento do proxecto de compensación do da unidade de actuación nº 12 do vixente PXOU situada no lugar de San Amaro-Mourente, formulado e inicialmente aprobado por Bernardo López Abadín -na súa condición de propietario único do totalidade dos terreos que o integran- sendo redactado pola dotora arquitecta Teresa Táboas Veleiro, con visado da delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en data 6-6-2001.
Segundo.-Dispoñe-lo sometemento a información pública do proxecto de compensación, polo prazo de vinte días, con citación persoal dos interesados e a través da correspondente publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que se formulen as alegacións que se estimen procedentes. Neste sentido, notifíquese este acto ós propietarios das tres parcelas afectadas pola urbanización e apertura do vial de sistema xeral na área excluída da UA nº 12, entre este polígono e a rúa da Estrada, obxecto entre outras cláusulas, do convenio aprobado polo concello en pleno, en sesión do 31 de marzo e modificado na do 30 de xuño, asinados pola alcaldía e o promotor.
Terceiro.-Recordar a Bernardo López Abadín que, seguindo as estipulacións do convenio aprobado, non figurando inicialmente gravados os predios resultantes do acordo de compensación no proxecto redactado, con carácter real, ó pagamento da cantidade que corresponda a cada un deles, no orzamento previsto nos custos de urbanización da unidade actuación a que se refira, no seu día ó saldo definitivo da conta dos devanditos custos, con carácter previo á aprobación definitiva deste proxecto de compensación, e consonte co establecido no artigo 19.3º do Real decreto 1093/1997, do 4 de xuño, polo que se aproban as normas complementarias ó regulamento para a execución da Lei hipotecaria sobre inscrición no Rexistro da Propiedade de actos de natureza urbanística, Bernardo López Abadín haberá de constituír unha fianza en garantía da execución do vial de sistema xeral e da urbanización do polígono, e en calquera das formas admitidas pola lexislación de réxime local, polo importe íntegro do
orzamento do proxecto de urbanización e redactar, así como pola totalidade do impor
te do vial de sistema xeral excluído do polígono e de enlace coa rúa da Estrada.
Durante o prazo de vinte días, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico, na rúa Churruchaos nº 2 desta cidade, a documentación inicialmente aprobada e formula-las alegacións que coide pertinentes.
Pontevedra, 18 de xullo de 2001.
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral
P.D.
Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente

