Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 02 de agosto de 2001 Páx. 10.589

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Redondela, en sesión extraordinaria con data do 7-6-2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual das NN.SS.MM. no ámbito do cemiterio de Mañó.

De conformidade co sinalado no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o proxecto e o expediente tramitado sométense a información pública polo período dun mes, co obxecto de que se presenten as suxestións, alegacións ou reclamacións que se consideren oportunas.

Os devanditos proxecto e expediente encóntranse á disposición do público nas dependencias de Urbanismo da casa do concello. Horario de consulta: das 9 ás 14 horas.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde