O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 28 de maio de 2001, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación do estudio de detalle da rúa López Mora nº 28, de acordo coa documentación presentada pola entidade Promociones Partinico, S.L. con datas do 23-6-2000 e 15-9-2000 e proxecto redactado polo arquitecto Antonio Pablo Thomás de Carranza y Franco, visado polo COAG o 12-9-2000.
Segundo.-Desestima-las alegacións presentadas durante o período de información pública, polos motivos expostos na parte expositiva deste acordo.
Terceiro.-Notifíquese este acordo á entidade promotora do estudio de detalle, alegantes e demais interesados. Publíquese no BOP e no DOG, con cumprimento dos trámites regulados no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo (LSG).
Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.
Así mesmo, este anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, dos cales se ignore
o lugar de notificación ou cando, intentada esta, non se puidese practicar.
Vigo, 11 de xuño de 2001.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde-presidente da Xerencia
Municipal de Urbanismo

