Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 02 de agosto de 2001 Páx. 10.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle no camiño da Raposa. (Expediente 5592/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 28 de xuño de 2001, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro: aprobar definitivamente o estudio de detalle do camiño da Raposa, de acordo co proxecto presentado por José Luis Candeira Blanco, redactado polos arquitectos José Luis Pereiro Alonso e Borja Ramilo Méndez e visado polo COAG no 4-9-2000 e 1-12-2000 (expediente 5592/411).

Segundo: desestima-la alegación interposta por Ventura Pérez Vila durante o trámite de información pública, polos motivos recollidos na parte expositiva do presente acordo.

Terceiro: notifíquese o presente acordo ó promotor do estudio de detalle, ó alegante, e demais interesados. Publíquese no BOP e no DOG, con cumprimento dos trámites regulados no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo (LSG)».

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 23 de xullo de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo