Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 02 de agosto de 2001 Páx. 10.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de obras.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto do contrato: ampliación e reforma do polideportivo de Trabada.

3. Orzamento (IVE incluído): 57.640.049 pesetas (346.423,67 euros).

4. Prazo de execución: 6 meses.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na tesourería da deputación provincial.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Presentación das ofertas: trece (13) días naturais, a partir do seguinte ó da publicación do presente extracto no Diario Oficial de Galicia.

8. Documentación que se deberá presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral da deputación provincial.

10. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

11. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP número 168, do 23 de xullo de 2001.

Lugo, 23 de xullo de 2001.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo