Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 02 de agosto de 2001 Páx. 10.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de servicios.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto do contrato: seguros de vehículos e maquinaria da deputación provincial.

3. Orzamento (IVE incluído): 6.500.000 pesetas (39.065,79 euros).

4. Duración do contrato: 1 ano.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na tesourería da deputación provincial.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Presentación das ofertas: quince (15) días naturais, a partir do seguinte ó da publicación do presente extracto no Diario Oficial de Galicia.

8. Documentación que se deberá presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral da deputación provincial.

10. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

11. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP número 168, do 23 de xullo de 2001.

Lugo, 23 de xullo de 2001.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo