Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 02 de agosto de 2001 Páx. 10.592

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE TRABALLO E ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2001, da Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social da Coruña, pola que se anuncia a convocatoria da terceira poxa pública de dous inmobles, que pertencen ó patrimonio da Seguridade Social, sitos na parroquia de Borneiro, concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña).

O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais coa data do 30-8-2000, autoriza á Tesourería Xeral da Seguridade Social, unha vez que esta acordou a súa venda e declarou o seu alleamento o día 28-2-2000, para vende-los inmobles seguintes:

-Predio rústico sito na parroquia de Borneiro do concello de Cabana de Bergantiños, chamado Porriñosa de Baixo, de 4 centiáreas, 81 áreas. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Cabana de Bergantiños

(A Coruña) no libro 106, tomo 965, folla 19, predio número 5258-N, inscrición segunda.

-Predio rústico sito na parroquia de Borneiro do concello de Cabana de Bergantiños, chamado Pequena dos Casais de Dentro, de 52 centiáreas, 5 áreas. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Cabana de Bergantiños (A Coruña) no libro 106, too 965, folla 20, predio número 5262-N, inscrición segunda.

O tipo mínimo de licitación é de 1.657.429 pesetas (9.961,35 euros).

Farase esta terceira poxa de acordo co prego de condicións que terán á súa disposición os posibles licitadores na Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, r/ Federico Tapia, 52-7º dereita da Coruña. Teléfono 981 18 76 73.

O acto público desta terceira poxa terá lugar perante a mesa nomeada para isto, ás 12 horas do día 22 de agosto de 2001 na sala de xuntas da Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, r/ Federico Tapia, 54-3º da Coruña.

A Coruña, 3 de xullo de 2001.

José Manuel Pombo Cortés

Director provincial da Tesourería Xeral

da Seguridade Social da Coruña