O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado na adquisición de diverso equipamento para a Unidade de Cirurxía Cardíaca xestionada polo instituto.
Nº expediente: CC/004/01.
Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, praza Europa, 5A-6º B, Área Central-As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, de 9 ás 14 horas, nos quince días naturais a partir da data de publicación no DOG.
Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto Galego de Medicina Técnica, teléfono 981 57 76 50.
Apertura de sobres: os sobres nº 2 (referencias técnicas) e nº 3 (proposición económica) abriranse o 20 de agosto ás 12.
Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2001.
Julio Villar Barreiro
Director xerente do Instituto Galego de Medicina
Técnica, S.A.

