Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 22 de agosto de 2001 Páx. 11.238

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e mediante concurso, dun contrato de subministración consistente na adquisición de material informático para o Instituto Galego de Consumo.

Entidade adxudicataria: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Obxecto do contrato: adquisición de material informático para o Instituto Galego de Consumo.

Prazo de execución: a subministración realizarase no prazo de 30 días contados desde a data da sinatura do contrato.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Solvencia económica financeira e técnica: deberase acredita-la solvencia económica e financeira a través dun informe de institucións financeiras, de conformidade co establecido no artigo 16.1º.a) do T.R.L.C.A.P. A solvencia técnica e profesional acreditarase, tal e como dispón o artigo 18.a) do citado texto, mediante unha relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicándose o importe, datas e destino público ou privado a que se incorporarán os correspondentes certificados.

Orzamento base de licitación: cinco millóns trescentas mil pesetas (5.300.000 pesetas), (31.853,64 euros).

Garantías: provisional: 2% do orzamento do contrato (106.000 pesetas), (637,07 euros).

Obtención de documentación e información:

* Entidade: Instituto Galego de Consumo.

* Enderezo: Praza de Europa, 10-A -2º.

* Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

* Teléfono: 981 54 45 12.

* Fax: 981 54 45 99.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións, en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

-Clasificación: non se esixe.

Data límite de presentación: no prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Apertura de ofertas:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura de proposicións caera en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe de este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2001.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo