Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 22 de agosto de 2001 Páx. 11.238

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 3 de xullo de 2001, do Servicio Provincial de Ourense, de notificación do inicio do expediente sancionador 32100/01 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á sociedade relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do

expediente sancionador 32100/01, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se comunica á sociedade interesada para que no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte a esta notificación efectúa as atuacións preliminares, a presentación de cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes, e de se-lo caso, a proposición e práctica de probas, advertindo á sociedade interesada que lle queda posto de manifesto o expediente e que de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciacióin, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 32100/01.

Inculpado: Fepsa Galicia, S.L.

Enderezo: avda. Fernández Latorre, 28-30, 1º esq., 15006 A Coruña.

Motivo: reclamación. Realizadas obras no tellado do edificio nº 19 r/ Jesús Soria de Ourense, obsérvanse fallos que afectan a vivendas de 5ª e 4ª planta.

Data do inicio: 11-6-2001.

Ourense, 3 de xullo de 2001.

Antonio Aguarón Turrientes

Xefe do Servicio Provincial do Instituto

Galego de Consumo