Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 22 de agosto de 2001 Páx. 11.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

ANUNCIO de contratación.

O Concello de Ames anuncia a contratación, mediante poxa con procedemento aberto e trámite de urxencia, da obra denominada modificado do proxecto de construcción dunha pista para a práctica de street (skate park) e unha pista cuberta para a práctica de minibasket.

Tipo de licitación: 16.184.223 pesetas.

Prazo de execución: 4 meses.

Fianzas: provisional: 323.685 pesetas. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Presentación de plicas: na secretaría do concello, das 9 ás 13 horas, durante os 13 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP, Diario Oficial de Galicia, ou no xornal El Correo Gallego.

Expediente e prego de condicións: están á disposición dos interesados na Secretaría da Corporación, de luns a venres, durante o período de pre

sentación de plicas das 9 ás 13 horas. Obtención de copias do proxecto e pregos de condicións na copistería Copy Estudio, S.L., situada na rúa Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2, en Santiago de Compostela.

Ames, 7 de agosto de 2001.

Xosé Astray Lorenzo

Alcalde