Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 22 de agosto de 2001 Páx. 11.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria do 10-8-2001, acordou aprobar inicialmente as modificacións puntuais do Plan xeral de ordenación municipal que afectan os seguintes ámbitos:

-Plan parcial industrial SRAU-3 en San Xoán de Barcela.

-Núcleo rural de Rozas de Abaixo-Sela.

-Cuarteirón delimitado polas vías PO-400, Miguel Dávila, primeira travesía Antoni Tovar, e rúa en proxecto.

Sométese a información pública por espacio dun mes contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, para que calquera entidade ou persoa interesada poida examina-lo expediente, nas dependencias municipais e presenta-las alegacións que estimen pertinentes.

Así mesmo, quedan suspendidas as licencias e usos naqueles supostos en que as determinacións das modificacións puntuais sexan contrarias ás do plan vixente.

Arbo, 10 de agosto de 2001.

Manuel Rivera Domínguez

Alcalde