Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 22 de agosto de 2001 Páx. 11.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO de contratación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Betanzos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adecuación e melloras das rúas do Castro, Roldán e Travesa.

b) División por lotes e números: non.

c) Lugar de execución: Concello de Betanzos.

d) Prazo de execución: dous meses e medio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

14.773.949 pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de información e documentación.

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Enderezo: Departamento de Obras, praza de Galicia nº 1 (edificio Liceo).

c) Localidade e código postal: Betanzos, 15300.

d) Teléfono: 981 77 65 25.

7. Data límite de obtención de documentos e información.

Desde a publicación deste anuncio ata as 14 horas do último día de presentación de proposicións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou BOP, segundo sexa o último publicado, rematando ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a que consta no prego de condicións administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Concello de Betanzos (Departamento de Obras).

2. Domicilio: praza de Galicia nº 1 (edificio Liceo), 15300 Betanzos.

3. Localidade e código postal:

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Enderezo: praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade: Betanzos.

d) Data: terceiro día solto seguinte ó do prazo de licitación, pasando ó luns de coincidir en sábado.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Betanzos, 8 de agosto de 2001.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente