Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 23 de agosto de 2001 Páx. 11.321

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de agosto de 2001 pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos convocados por Orde do 8 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 12 de marzo), para ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios de carreira dos anteditos corpos, na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto na base común 9, punto 6 da orde desta consellería do 8 de marzo

de 2001 (DOG do 12 de marzo), pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios de carreira dos anteditos corpos, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública, por materias, a lista dos funcionarios do mesmo corpo que superaron o procedemento de adquisición de novas especialidades no anexo I desta orde.

Segundo.-Facer pública por corpos, materias e número de orde, a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos para o acceso ós corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional nos anexos II e III desta orde, respectivamente.

Terceiro.-Os relacionados nos anexos II e III que estean cumprindo o servicio militar ou por outra causa para que, a xuízo da Dirección Xeral de Persoal, necesiten aprazamento da incorporación á fase de prácticas, deberano solicitar por escrito ante a Dirección Xeral de Persoal xuntando os documentos xustificativos.

Cuarto.-Os opositores aprobados relacionados nos anexos II e III deberán presentar ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a documentación que se relaciona na base común 10 da Orde do 8 de marzo de 2001 (DOG do 12 de marzo), no prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde.

Quinto.-Os participantes nestes procedementos selectivos poderán retira-la documentación presentada, eles mesmos ou por medio de persoa autorizada, no Servicio do Profesorado de Ensino Secundario, Formación Profesional e de Réxime Especial desta consellería (San Caetano-Santiago de Compostela), no prazo dun mes contado a partir de transcorridos dous meses desde a publicación desta orde.

Sexto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2001.

P.D.

José Eduardo López Pereira

Director xeral de Universidades